A Xunta de Galicia ten en marcha diferentes medidas especiais para ofrecer confianza e seguridade así como para protexer a saúde de todas aquelas persoas que visiten Galicia nos próximos meses.

Por unha parte, o Servizo Galego de Saúde puxo en marcha un teléfono especial para os viaxeiros que non residen en Galicia e teñen médico de cabeceira asignado. Está á súa disposición o 881 00 20 21 onde lles atenderán sen coste no caso de presentar algunha sintomatoloxía relacionada coa Covid-19. 

Ademais, para poder asegurar as medidas de protección desde a chegada a Galicia e facer máis doada a súa estadía, é preciso que os viaxeiros, sexan residentes en Galicia ou non, que proveñan ou estiveran nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica por covid-19 proporcionen os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias galegas nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, independentemente de que presente ou non síntomas compatibles coa covid-19.

Os datos de contacto deberán darse ou ben cubrindo o formulario que está disponible na web coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou chamando ao teléfono 881 00 20 21. Os territorios que se consideran de alta incidencia epidemiolóxica pola covid-19 actualizaranse quincenalmente. Os actuáis están disponibles no apartado para viaxeiros da páxina do Servizo Galego de Saúde 

Xunto a estas medidas, os establecementos e recursos turísticos contan con protocolos hixiénico-sanitarios nesta materia. Sempre que a situación sanitaria o permita, establecéronse medidas para visitar con seguridade tanto as zonas común de hoteis e aloxamentos turísticos, cines, teatros, auditorios ou salas de exposición, entre outros recursos turísticos da Comunidade.

 

Seguro fronte á covid 19

CORONAVIRUS
EN GALICIA

Consulta toda a información sobre o impacto da COVID-19 en Galicia ou rexístrate coma persoa viaxeira en Galicia

App PassCOVID
para dispositivos
móbiles

Coñece PassCOVID.gal, a app da Xunta de Galicia para axudar a coidarnos da COVID-19

Transparencia e goberno aberto

Taboleiro de anuncios

Arriba
Axúdanos a mellorar!