03 feb 2017
  • Lugares

A festa das zonas húmidas

O día 2 de febreiro celébrase o Día Mundial das Zonas Húmidas. Desde 1977 conmemórase o Convenio sobre Zonas Húmidas, asinado na localidade iraní de Ramsar.

Os diferentes tipos de Zonas Húmidas son fundamentais para a biodiversidade en todo o mundo, acollendo unha gran cantidade de especies de aves que en moitos casos acadan cifras espectaculares. Pero non son unicamente importantes para as aves, son áreas clave para a alimentación humana, a regulación do clima, reservas de auga, sumidoiros de CO2 e depositarios dun rico patrimonio cultural.

A festa das zonas húmidas

As máis importantes zonas húmidas do planeta están acollidas ao citado convenio e denomínanse "Zonas Húmidas Ramsar" e en Galicia hai varias, todas elas son excelentes lugares para a observación de aves: O intermareal Umia- O Grove, a Lagoa de Valdoviño, o PN de Corrubedo, a ría de Ortigueira e a ría de Ribadeo.

O día 2 de febreiro celébrase o Día Mundial das Zonas Húmidas

Aproveita esta fin de semana para coñecelas e comprender o importante papel que as zonas húmidas teñen na conservación da biodiversidade a nivel global.  O número de aves que podemos ver nestas zonas húmidas, en pleno inverno, é moi elevado. Gaivotas, anátidas, garzas e limícolas son os grupos que aportan un maior número de especies.

Escribenta das canaveiras / Emberiza schoeniclus

Pero estas importantes áreas non son as únicas. En Galicia contamos con multitude de zonas húmidas ás que ir e mesmo hai actividades abertas ao público como a organizada na Limia pola SGHN o sábado día 4.
 

Actividades abertas ao público como a organizada na Limia
Arriba