Share your experience

28 Jul 2016

A experiencia de...

JuanNeira

Pola Serra da Lastra

A fin de semana pasada estiven na Serra da Lastra. Estaba realmente espléndida e poidemos observar moitos paxaros diferentes. O máis chamativo sempre son as aves rapaces, vimos moitos millafres negros, aguia calzada, lagarteiro, falcón e o voitre branco que é moi raro en Galicia. Tamén hai moitos paxaros pequenos en toda as zonas de bosque, mato e tamén nos soutos e as zonas cultivadas. O rousinol común é moi abondoso, tamén as andoriñas, os cirros, etc e tamén vimos a andoriña daurica. Nas zonas de mato hai moitas papuxas diferentes como a papuxa común e a cabecinegra. Realmente a cantidad de aves que se ven é enorme, algunha delas ben rara polo que creo que é un dos mellores sitios de Galicia inda que non sexa o de máis sona.
Arriba