A peregrinación a Santiago de Compostela tivo en terras lusitanas unha importante proxección, participando o pobo portugués activamente no desenvolvemento do culto xacobeo.
Xa dende o século XII os peregrinos partían dende núcleos de poboación do país veciño tan importantes coma Lisboa, Coimbra, Porto ou Braga. A motivación fundamental desta peregrinación foi relixiosa, pero este fluxo secular de persoas que poboaron os camiños de Santiago tamén contribuíu a establecer entre Portugal e Galicia profundos lazos de intercambio cultural, económico e de pensamento.