Unha oportunidade de descubrir coa nosa bicicleta unha terra marcada polos ríos Miño e Sil que, ao seu paso entre as montañas, van moldeando unha das paisaxes máis espectaculares de Galicia.
O Centro BTT Ribeira Sacra atópase no Canón do río Sil, no límite das provincias de Lugo e Ourense. Oito percorridos circulares e 160 quilómetros de diferentes niveis de dificultade, que permiten coñecer os municipios da Teixeira, Castro Caldelas, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil.