Balnearios de Galicia

Os balnearios, cuxos tratamentos se basean nas propiedades preventivas e curativas das súas augas mineromedicinais e que deben contar cun médico que as administre nos tempos axeitados, pódense decantar pola vertente máis lúdica ou a máis terapéutica do termalismo, aínda que cada vez é máis frecuente que combinen ambas.

Moitos destes balnearios teñen asociado un hotel. A categoría destes hoteis, oscila entre unha e cinco estrelas, polo que as súas características, a súa clientela e o seu ambiente son do máis dispar. Desde os orientados ao aspecto terapéutico máis tradicional dos balnearios; aos máis luxosos, que adoitan mesturalo co aspecto máis recente e lúdico destes establecementos.

Os seus programas de estética, benestar e relax súmanse habitualmente aos destinados a previr ou tratar infinidade de afeccións, que variarán en función das indicacións do tipo de augas mineromedicinais con que conte cada un deles.

Arriba
Axúdanos a mellorar!