Outono Gastronómico

Que é o
Outono Gastronómico?

Chegando o décimo terceiro Outono gastronómico e tentando eludir a superstición, entre o 13 de setembro e o 15 de decembro de 2019* as casas de Turismo Rural de Galicia celebran o seu “13º Outono gastronómico”, patrocinado pola Xunta de Galicia. E por ser precisamente unha edición especial, queremos agasallarte cun plus... o “Outono Plus” co que, como complemento, poderás realizar actividades desde os establecementos de turismo rural participantes como paseos a cabalo, rutas de sendeirismo, visitas a adegas co catas de viño, termalismo... Cada unha das casas rurais ofrecerá dous menús distintos, exclusivamente concibidos para esta ocasión. Nesta guía podes consultar todos os aloxamentos incluídos na promoción, cos menús e modalidades propostos por cada un deles. Ademais do “Menú Outono Gastronómico” tamén tes a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” —que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e durmir na casa de turismo rural elixida—, ou gozar da oferta completa coa “Fin de Semana Outono Gastronómico”. E se queres compartir coa familia a fin de semana, podes apuntarte á oferta “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” (l ou 2 nen@s).

* (Ofertas válidas en venres, sábados e domingos, agás as fns de semana do 11 ao 13 de outubro, do 1 ao 3 de novembro e do 6 ao 8 de decembro)

Modalidades

Tes varias opcións para gozar da nosa gastronomía e turismo rural. Elixe a túa modalidade:

Menú Outono Gastronómico

Inclúe entrante, primeiro e segundo prato, sobremesa e viño Denominación de Orixe galega.
30
€ / 1 persoa

Paquete Outono Gastronómico

lnclúe o Menú Outono Gastronómico e a estancia na casa de turismo rural elixida (noite de venres ou sábado a escoller), co almorzo do día seguinte dentro da oferta.
120
€ / 2 persoas en cuarto dobre
80
€ / 1 persoa en cuarto individual

Fin de Semana Outono Gastronómico

Inclúe dous Menús Outono Gastronómico por persoa e aloxamento ealmorzos para as noites de venres e sábado.
200
€ / 2 persoas en cuarto dobre
140
€ / 1 persoa en cuarto individual

Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico con 1 neno/a

Inclúe dous Menús Outono Gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por neno/a, aloxamento en cuarto dobre con cama supletoria (noites de venres e sábado) e almorzos para toda a familia os dous días.
260
€ / 2 adultos + 1 neno/a (ata 14 anos)

Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico con 2 nenos/as

Inclúe dous Menús Outono Gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por cada neno/a, aloxamento en dous cuartos dobres (noites de venres e sábado) e almorzos para toda a familia os dous días.
300
€ / 2 adultos + 2 neno/a (ata 14 anos)

Outono Plus

Consultar establecementos e actividades na sección Outono Plus.
300
€ / 2 adultos + 2 neno/a (ata 14 anos)

(Ofertas válidas do 13 se detembro ao 15 de decembro en venres, sábados e domingos, agás as fns de semana do 11 ao 13 de outubro, do 1 ao 3 de novembro e do 6 ao 8 de decembro)

Casas rurais participantes

Casas rurais participantes en Outono Plus

As actividades descríbense nas seccións indicadas. A actividade deberá ser contratada cunha das modalidades ofertadas polo establecemento (non pode solicitarse independentemente)
Arriba