Coñece Vigo
VISITAS GUIADAS E GRATUÍTAS

Coñece Vigo

É o novo programa de visitas guiadas e gratuítas impulsado pola Xunta de Galicia que permitirá contemplar Vigo desde outros ollos, achegarse aos recunchos cotiás da cidade e coñecer máis sobre a historia que albergan, compartir lendas, coñecer como vivían os nosos antepasados romanos, castrexos…

Nace con vocación de dar a oportunidade aos vigueses de saber máis sobre a súa cidade e converterse nos seus mellores embaixadores. As visitas serán conducidas por guías oficiais en, nalgúns casos, por personaxes históricos que che farán sentir como un veciño máis do século XIX

Coñece Vigo está formado por un total de nove itinerarios diferentes e está principalmente dirixido a asociacións, centros escolares e outros colectivos da cidade.

Xunta de Galicia
Xacobeo 2021
Porto de Vigo
Vigo

OS MIRADOIROS DE VIGO

Admirar Vigo desde a altura, marabillarse coa maxestosidade da súa ría fundida co verde dos seus bosques, ter a oportunidade de observar o bulicio desta gran urbe desde a altura… Esta ruta levarate aos dous mellores miradoiros da cidade: o Monte do Castro e A Guía. Anímate a descubrir a historia e os segredos que se agochan na fortaleza de O Castro e a coñecer onde se atopan os seus túneles.

Os miradores de Vigo
marcador

Visitas: Todos os luns, (do 18 de novembro ao 23 de decembro, ambos incluídos)

Horario: 11.00 h - 13.00 h

Punto de encontro: Centro Comercial A Laxe

Ruta guiada en autobús.

Inscrición gratuíta.

Inscríbase aquí

O VIGO CASTREXO

Ven a coñecer as orixes da cultura castrexa e a pegada que deixou na cidade. Sabías que en Vigo e nos seus arredores, na etapa prerromana, houbo ata unha vintena de poboados castrexos? Queres coñecer como vivían? Nesta ruta visitarás a sala de arqueoloxía e o castro do Museo do Mar de Galicia así como a sala de arqueoloxía do Museo Quiñones de León, onde poderás ver o seu legado

O Vigo castrexo
marcador

Visitas: Todos os martes (do 19 de novembro ao 17 de decembro, ambos incluídos).

Horario: 11.00 h - 13.00 h

Punto de encontro: Xacemento castrexo do Castro.

Ruta guiada en autobús

Inscrición gratuíta.

Inscríbase aquí

OS NOMES DE VIGO

Sabes quen foi Policarpo Sanz? Sabías que a rúa Príncipe se chama así polo fillo de Isabel II, que logo foi coroado como Afonso XII? Quéreste adentrar no que foi a construción do ensanche vigués e saber máis sobre a complexa sociedade do século XIX? Déixate guiar por unha veciña ilustre do XIX para coñecer a orixe dos nomes das rúas do centro de Vigo e saber quen foi quen nesa época.

Os nomes de Vigo
marcador

Visitas: Xoves 14 de novembro e todos os martes e sábados do 16 de novembro ao 21 de decembro

Horario: Xoves 14 e martes: 17.00 h - 19.00 h / Sábados: 11.00 h - 13.00 h

Punto de encontro: Edificio da Xunta de Galicia na praza da Estrela (entrada lateral)

(*) Esta visita farase con radioguías

Inscrición gratuíta.

Inscríbase aquí

PAZO QUIÑONES DE LEÓN

Sabes por que chamamos a este museo a Finca da Marquesa? Coñeces a importante pegada que deixou a familia Valadares na historia de Vigo? Nesta visita, terás a oportunidade de achegarte a este emblemático edificio, obra de arte en si mesmo e sinal de identidade de Vigo. Coñecerás as coleccións que alberga no seu interior e percorrerás os seus máxicos xardíns, unha das doce paradas da Ruta da Camelia, da man da marquesa de Valadares.

Pazo Quiñones de León
marcador

Visitas: Xoves 14 e 21 de novembro e todos os mércores (do 27 de novembro ao 18 de decembro).

Horario: 11.00 h - 13.00 h

Punto de encontro: Entrada Museo Municipal Quiñones de León.

Inscrición gratuíta.

Inscríbase aquí

O TEU PORTO

Sabías que polo mar chegaron á nosa cidade fenicios, celtas, romanos, normandos, piratas, turcos e ingleses? Sabes onde están as orixes do porto de Vigo e o gran crecemento que viviu a finais do século XIX e, sobre todo, no XX? A bordo dun catamarán percorrerás a súa industria, os estaleiros, o porto pesqueiro, o peirao de transatlánticos e as terminais. Desde Guixar ata Bouzas, unha travesía única e chea de historia.

O teu porto
marcador

Visitas: Todos os mércores e venres (do 15 de novembro ao 27 de decembro, agás o 6 de decembro) e luns, 30 de decembro.

Horario: Mércores: 17.00-19.00 h / Venres: 11.00 h -13.00 h

Punto de encontro: Centro Comercial A Laxe

Visita a bordo dun catamarán.

Inscrición gratuíta.

Inscríbase aquí

O VIGO ROMANO

Coñeces a salina romana da cidade? Sabes que existen evidencias arqueolóxicas dunha importante actividade portuaria e comercial na Ría viguesa desde o século II a. C.?

Nesta visita, coñecerás a orixe do nome de Galicia, a importancia do uso do sal naquel Vicus onde se instalaron os romanos, así como o seu modo de vida. A visita comezará no Museo do Sal. Salinae, no centro de Vigo, e logo visitarás a sala de arqueoloxía do Museo Quiñones de León, onde poderás ver o seu legado.

O Vigo romano
marcador

Visitas: Domingo, 17 de novembro (*), mércores, 20 de novembro, e todos os xoves (do 28 de novembro ao 19 de decembro)

Horario: 11.00 h - 13.00 h

Punto de encontro: Museo do Sal. Salinae (rúa Rosalía de Castro)

(*) Horario especial neste día. A visita comeza ás 11.30 h na Vila Romana de Toralla

Inscrición gratuíta.

Inscríbase aquí

O TEU XORNAL

Sabías que Faro de Vigo é o diario decano da prensa española e que foi fundado en 1853 por tres abogados para informar a poboación local que nese momento non chegaba aos 10.000 habitantes? Sabes quen foi Ángel de Lema e que papel representou na historia deste xornal? Achégate ao seu pasado e vive o seu presente da man dun traballador deste diario. Coñecerás as súas instalacións e vivirás unha xornada única.

O teu xornal
marcador

Visitas: Luns, 25 de novembro; martes 3 e 10 de decembro.

Horario: 11.00 h - 12.30 h

Punto de encontro: Entrada Faro de Vigo.

Inscrición gratuíta.

Inscríbase aquí

A TÚA ADMINISTRACIÓN

Coñeces o edificio da Xunta de Galicia por dentro? Da man de persoal desta administración coñecerás todo sobre os trámites máis habituais, as subvencións ás que pode optar a túa asociación ou o teu centro… Aproveita esta visita para dar resposta a todas as túas dúbidas

A túa administración
marcador

Visitas: Xoves (28 de novembro e 12 de decembro)

Horario: 11.00 h - 13.00 h

Punto de encontro: Entrada do edificio da Xunta de Galicia

Inscrición gratuíta.

Inscríbase aquí

O TEU NADAL

Este Nadal, a solidariedade e a maxia están na contorna da Praza da Estrela, en Vigo. Achégate a compartir estas datas coa túa familia e amigos e goza coas actividades programadas para maiores e pequenos. Poderás colaborar coas oenegués presentes

O teu Nadal
marcador

Visitas: Todos os luns, mércores e venres (do 16 ao 30 de decembro, excepto os festivos).

Horario: 11.00 h - 13.00 h . Agás o 16 de decembro: 18.00 h - 20.00 h

Punto de encontro: Entrada do edificio da Xunta de Galicia en Vigo.

Inscrición gratuíta.

Inscríbase aquí

Arriba