6 experiencias para explorar O Xurés

O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e o Parque Nacional de Peneda-Gerês únense nos límites entre Portugal e Galicia, formando un espazo transfronteirizo único de 267.958 ha. de extensión, declarado no ano 2009 Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.

Estamos nun territorio onde as serras escarpadas se mesturan con outras de formas máis dondas; os bosques frondosos contrastan cunha paisaxe granítica de montaña, onde os bolos cobran feituras singulares e a auga está presente en forma de ríos, pozas, fervenzas naturais e tamén encoros que ofrecen a posibilidade de remar en augas tranquilas no corazón do Xurés.

  • NATUREZA PROTEXIDA
  • Aquí poderás descubrir un dos grandes atractivos que garda este espazo.
  • PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO
  • Convidámoste a un paseo pola historia do Xurés. Descubre os vestixios que desde hai 7.000 anos deixou o ser humano.
  • CAMIÑO NATURAL VÍA NOVA
  • Retrocedemos ao século I d.C. época da dinastía Flavia, para coñecer unha das calzadas romanas mellor conservada e con máis miliarios de Europa.
  • CENTRO BTT SERRA DO XURÉS
  • Descubre O Xurés en bicicleta.
  • SENDAS DO XURÉS
  • Camiñar por paisaxes tradicionais.
  • XURÉS TERMAL
  • Unha das grandes experiencias que podes vivir é mergullares nas augas quentes e sandadoras que xorden neste espazo.

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba