Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Outro ano máis o Outono Gastronómico en Turismo Rural de Galicia ofréceche a posibilidade de gozar dunha saborosa gastronomía facendo unha escapada en parella, cos amigos, en familia ou regalándote un tempo para ti só. Dende o 13 de setembro ata o 15 de decembro de 2024*, as casas de Turismo Rural de Galicia celebran o seu “18º Outono Gastronómico”, patrocinado por Turismo de Galicia. As casas rurais participantes ofrecerán dous menús distintos, exclusivamente concibidos para esta ocasión.
Nesta guía podes consultar todos os establecementos de turismo rural incluídos na promoción, cos menús e modalidades propostos por cada un deles. Ademais do “Menú Outono Gastronómico” tamén tes a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” -que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e pernoctar na casa de turismo rural elixida-, ou gozar da oferta completa coa “Fin de Semana Outono Gastronómico”. E se queres compartir coa familia a fin de semana, podes apuntarte á oferta “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” (1 ou 2 nenos/as). Tamén poderás gozar do Outono Plus naqueles establecementos que oferten adicionalmente outras actividades complementarias como paseos a cabalo, descenso en canoa, sendeirismo, visitas culturais...
*Ofertas válidas só en venres, sábados e domingos agás as fins de semana do 1 ao 3 de novembro e do 6 ao 8 de decembro.
Tes varias opcións para gozar da nosa gastronomía e turismo rural. Elixe a túa modalidade:
Responsable do tratamento
A Axencia Turismo de Galicia, en cumprimento da normativa de protección de datos infórmalle que o tratamento dos seus datos persoais achegados de forma voluntaria neste momento, así como aqueles que se poñan de manifesto con posterioridade, serán incorporados ao sistema de tratamento da Axencia, cuxos datos son:
Finalidade do tratamento
Campaña de promoción 18º Outono gastronómico “Embaixadores de Galicia”
Lexitimación do tratamento
A base legal para otratamento dos datos solicitados é o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento (Lei 16/2010, del 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e dosector público autonómico de Galicia; Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia).
Destinatarios
Os datos solicitados non serán cedidos a terceiros, agás obriga legal.
Prazo de conservación
Ditos datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir cada unha das finalidades para as que foron recollidos e, posteriormente, conservarémolos debidamente gardados e protexidos durante o tempo en que puidesen xurdir responsabilidades derivadas do tratamento, en cumprimento coa normativa vixente en cada momento. Unha vez prescriban as posibles accións procederemos á supresión dos seus datos persoais.
Dereitos dos interesados
As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica de la Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.
Igualmente, informámoslle que ten dereito a interpoñer unha reclamación fronte á Axencia Española de Protección de Datos (https://www.aepd.es).
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.