Dende Pontevedra achegaraste ata a vila de Tui, onde visitarás o seu centro histórico e a súa catedral-fortaleza.

Nesta ruta ferroviaria evocarás a época medieval coa visita do castelo de Salvaterra de Miño, onde visitarás o Museo da Ciencia do Viño. Despois trasladaraste ata As Neves, onde degustarás requeixo, mel e viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, produtos que lle dan sona a esta vila.
Pola tarde poderás sorprenderte coas pesqueiras de Arbo, senlleiras construcións centenarias que serven para capturar a lamprea no río Miño. Visitarás o Centro de interpretación do viño e a lamprea “Arabo”. Rematarás esta viaxe chea de sensacións na Casa Grande La Almuíña onde poderás catar o viño desta zona do Condado do Tea, pertencente á Denominación de Orixe Rías Baixas, e degustar a lamprea, o produto estrela da comarca.

 

Información ao cliente:
661 209 982
912 555 912
www.renfe.com

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba