Percorra o Camiño de Santiago portugués dun xeito diferente, con saída desde Madrid e a bordo dun cómodo Tren Hotel no que disporá de aloxamento en Cabina Gran Clase e restauración. Cada día poderá realizar a etapa correspondente a pé ou en bicicleta* - obtendo ao finalizar a viaxe a ansiada Compostela-, cubrir etapas máis curtas coas que tamén poderá vivir a experiencia do Camiño ou ben coñecer ao seu aire a cidade na que se atope. E cada tarde goce de visitas guiadas e outras actividades.

Descubra a maxia e a esencia do Camiño de Santiago co Tren do Peregrino.

* Permitida unha bicicleta por persoa ata un máximo de 10 bicicletas por tren reservando no
902 555 902.

Itinerarios e saídas

Primeiro día, xoves.

Madrid –Vigo

  • Recepción na plataforma designada na estación de Madrid Chamartín entre as 19:15 e as 20:00 horas. Saída de Madrid ás 20:10 horas.
  • Cea a bordo (incluída).
  • Chegada a Vigo á primeira hora da mañá.

Segundo día, venres.

Vigo – Pontevedra

  • Almorzo continental a bordo.
  • Traslado en autobús para realizar a primeira etapa do Camiño a pé ou en bicicleta: Tui - Redondela.
  • Os viaxeiros que prefiran realizar unha etapa máis curta farán Arcade – Pontevedra.
  • Como alternativa, traslado en autobús para visita libre opcional de Valença do Minho, Tui e Vigo.
  • Tempo libre para o xantar en Vigo.
  • Tempo libre para a cea e noite en Pontevedra.

Terceiro día, sábado.

Pontevedra – Vilagarcía de Arousa

  • Almorzo continental a bordo.
  • Traslado en autobús para realizar a segunda etapa do Camiño a pé ou en bicicleta: Pontevedra – San Miguel de Valga.
  • Os viaxeiros que prefiran realizar unha etapa máis curta farán Pontevedra – San Amaro.
  • Como alternativa, traslado en autobús para visita libre opcional da Illa da Toxa, O Grove e Cambados.
  • Tempo libre para o xantar en Cambados.
  • Cea libre e noite en Vilagarcía de Arousa.

Cuarto día, domingo.

Vilagarcía de Arousa - Santiago de Compostela.

  • Almorzo continental a bordo.
  • Traslado en autobús para realizar a terceira etapa do Camiño a pé ou en bicicleta: San Miguel de Valga – Santiago de Compostela.
  • Os viaxeiros que prefiran realizar unha etapa máis curta farán Milladoiro – Santiago de Compostela.
  • Tempo libre para asistir á Misa do Peregrino ás 12:00 horas.
  • Xantar libre en Santiago.
  • Pola tarde percorrido peonil guiado pola contorna da Catedral e tempo libre.
  • Saída de Santiago con destino Madrid ás  21:15 h.
  • Cea a bordo (incluída) e noite a bordo.

Quinto día, luns.

Santiago de Compostela - Madrid.

  • Almorzo continental a bordo.
  • Chegada a Madrid Chamartín ás 05:30 horas. O tren permanecerá estacionado ata as 09:15 horas. Fin da viaxe.

A viaxe inclúe:

  • Viaxe en tren Madrid – Vigo – Pontevedra – Vilagarcía de Arousa – Santiago – Madrid.
  • 4 noites de aloxamento a bordo en cuarto dobre Gran Clase.
  • Almorzo continental a bordo.
  • 2 restauracións a bordo (primeiro e último día de viaxe).
  • Autobuses para desprazamentos.
  • Visita guiada á contorna da Catedral de Santiago.
  • Servizo de cafetería a bordo (consumicións non incluídas).
  • Obtención da Compostela completando as etapas longas. Posibilidade de realizar tamén etapas curtas para vivir a experiencia do Camiño.
  • A experiencia de realizar o Camiño con traslados e achegamentos ata os puntos inicio e fin de etapa.
  • Visitas turísticas libres opcionais para aqueles clientes que non desexen realizar as etapas.

 

Completando as tres etapas longas, obterás ao finalizar a viaxe a "Compostela".

Certificado Especial do Peregrino

Prezos e condicións.

Prezos

625 €/pax en compartimento dobre

  • Suplemento individual: 312 €.
  • Desconto 40% menores de 4 a 13 anos (compartindo cuarto con adulto).
  • Menores de 0 a 3 años gratis sen ocupar praza, debendo obter o correspondente billete sen custo.
  • Capacidade máxima: dúas persoas por compartimento.

Condicións

Non se admite o cambio dos billetes.

O cliente poderá deixar sen efecto, en todo momento, os servizos solicitados a Renfe Viajeros, tendo dereito á devolución das cantidades entregadas, agás o 15% do importe total en concepto de "cuota de inscrición/garantía reserva" que deberá aboar a Renfe Viajeros en concepto de indemnización.

A porcentaxe a aplicar sempre será sobre o PVP en vigor.

As cantidades a aboar en concepto de indemnización iranse incrementando en función da data de anulación con respecto á fecha de inicio da viaxe:

  • Anulación con anterioridade a 31 días: 15%.
  • Anulación entre 30 e 15 días: 25%.
  • Anulación entre 14 e 5 días: 50%.
  • Anulación entre 4 e 1 días: 80%.
  • Anulación con menos de 24 horas ou non presentación o día de inicio da viaxe: 100%.

Máis información...

Arriba