Unha vez aberto o prazo de solicitude e confirmados os beneficiarios, todos eles disporán dunha tarxeta prepago Bono Turístico de Abanca cun saldo de 250€. Para poder acceder á tarxeta non fai falla ser cliente da entidade, pero si será necesario que faga a correspondente solicitude na Sede electrónica.

Unha vez que sexa presentada a solicitude e esta sexa admitida, os datos da persoa beneficiaria serán comunicados á entidade colaboradora Abanca para que faga a correspondente emisión desta. A continuación, será enviada ao enderezo da persoa beneficiaria, no caso de seren cliente de Abanca, ou ben será concertada unha cita para a súa recollida na sucursal da entidade máis cercana ao seu domicilio, no caso de non constar coma cliente.

A persoa titular dunha tarxeta Bono Turístico deberá activala, preferentemente, mediante o envío dun SMS de activación dende o dispositivo móbil asociado á súa tarxeta. En calquera caso, Abanca habilitará outros medios no caso de non ser posible activala deste xeito. Abanca, ao recibir o SMS, contestará pola mesma canle, avisando á persoa usuaria da activación da tarxeta, do seu PIN e do seu saldo inicial.

No caso de non consumiren os 250€ no período establecido, a persoa beneficiaria non poderá solicitar o reembolso e serán devoltos á Administración.
 

  • NOTA ACLARATORIA 1.

    Ante as dúbidas xurdidas co importe da tarxeta do bono turístico, debe indicarse que os 250€, que se cargarán na tarxeta prepagamento que se lles remitirá ás persoas beneficiarias, poderán usarse para o pagamento dos servizos elixidos nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico e que se atopan publicadas
    aquí.

    A estes efectos pode usarse para o pagamento completo ou parcial de tales servizos, sen que exista un límite por establecemento ou servizo. As persoas beneficiarias só pagarán o custo dos servizos na contía que supere os 250€, límite da tarxeta prepagamento.

  • NOTA ACLARATORIA 2.

    Abanca ten publicada unha páxina de axuda para resolver dúbidas: 

    Ligazón á páxina de axuda 

    É importante activar a tarxeta unha vez recibida:

    Activación da tarxeta Bono Turistico de Abanca
Arriba