Bono turístico

O Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 30 de abril de 2020 recolle, entre outras actuacións destinadas á reactivación do sector turístico, o establecemento de diferentes medidas encamiñadas a estimular o turismo interno, inxectar liquidez no sector e promover a súa recuperación nun momento de enorme dificultade derivado da crise sanitaria.

Entre estas accións, atópase o Bono Turístico #QuedamosEnGalicia, unha iniciativa froito da colaboración da administración e o Clúster Turismo de Galicia para fomentar a actividade no sector turístico, que constitúe un dos eidos con maior afectación económica e de perda de emprego tras a pandemia.

Pode descargar este PDF con toda a información

0 persoas beneficiarias
inscritas
Arriba