Poderán solicitar o Bono Turístico de xeito voluntario preto de 20.000 persoas que traballasen nos sectores sanitario e sociosanitario no ámbito do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Política Social que traballaron en primeira liña contra a covid-19.
A adhesión de persoas beneficiarias ao programa Bono Turístico está regulada pola Resolución de 22 de xullo de 2020, pola que se establece o procedemento de concesión da tarxeta Bono Turístico #QuedamosenGalicia para persoal empregado público dos sectores sanitario e socio sanitario da Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2020 , que pode consultar aquí, e no que se identifican os seguintes requirimentos: