Unha vez aberto o prazo de solicitude e confirmados os beneficiarios, todos eles disporán dunha tarxeta turística prepago de Abanca cun saldo correspondente a elección feita no seu momento. Para poder acceder á tarxeta non fai falla ser cliente da entidade.

 

Como realizo o copago?

Unha vez notificado e confirmado como beneficiario, remitiráselle un correo electrónico con instrucións para realizar o pago da cantidade correspondente, que deberá realizarse cunha tarxeta bancaria de calquera entidade. A cantidade abonada engadirase á achega da Xunta ata acadar o importe elixido na solicitude. Unha vez completado este trámite, os datos da persoa beneficiaria serán comunicados á entidade colaboradora ABANCA para que xere o cartón e envíeo á dirección da persoa beneficiaria.

Como activo a miña tarxeta turística?

A persoa titular dunha tarxeta turística deberá activala a través da web  abanca.com/activartarxeta, facilitando a información que se lle solicitará na devandita páxina. Para facelo, será necesario que teña a tarxeta no seu poder. Unha vez comprobada a información, ABANCA activará a tarxeta e enviará un SMS ao móbil facilitado, co  PIN da tarxeta e o saldo dispoñible na mesma.

No caso de non consumir o saldo no período establecido, a persoa beneficiaria non poderá solicitar o reembolso e será devolto á Administración.
 

  • NOTA ACLARATORIA 1.

    O saldo que se cargará na tarxeta prepago poderá usarse para o pago dos servizos elixidos nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia e que se atopan publicadas
    aquí.

    A estes efectos poderá usarse para o pago completo ou parcial de tales servizos, sen que exista un límite por establecemento ou servizo.
     
  • NOTA ACLARATORIA 2.

    Abanca ten publicada unha páxina web para que comprobe o saldo da súa tarxeta: 

    Saldo da tarxeta 

     

 

Arriba