Os aloxamentos, excepto as vivendas de uso turístico, e as axencias de viaxe poden solicitar a súa adhesión ao programa Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia, cubrindo a correspondente solicitude e presentándoa a través da Sede electrónica.

A adhesión de establecementos turísticos ao programa Tarxeta Turística está regulada pola RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2021 pola que se determinan as condicións de adhesión das empresas turísticas ao programa Tarxeta Turística #QuedamosenGalicia e se abre o prazo para a presentación das solicitudes de participación, que pode consultar aquí, e no que se identifican os seguintes requirimentos:

  • Poderán solicitar a súa adhesión, aquelas empresas, empresarios ou agrupacións empresariais que dispoñan de aloxamentos, excepto as vivendas de uso turístico, e tamén as axencias de viaxe que, con independencia do lugar en que radique a súa sede social, desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia e presten os servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa  na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Todas as estas empresas deberán estar dadas de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) no momento da publicación desta convocatoria, ter coñecemento da sinatura que se lle proporcionou no momento da alta no nomeado Rexistro e dispor de TPVs con número de comercio que os identifiquen no servizo de pagamentos, para a execución das correspondentes operacións de pagamento efectuadas coas ditas tarxetas.

E, por outra banda, un establecemento adherido debe garantir o cumprimento das seguintes condicións na prestación dos servizos ou produtos:

  • Cumprimentos das medidas de prevención de riscos sanitarios e laborais establecidas pola Autoridade Sanitaria, Laboral ou Turística para a prevención de contaxios derivados da COVID19
  • Dispor dunha Terminal Punto de Venda (TPV) para a realización da transacción de compra do servizo ou actividade turística a través da tarxeta prepago “Tarxeta Turística #QuedamosenGalicia”. Aos efectos da validación da TPV, o establecemento adherido deberá facilitar o número/s de comercio de que dispoña á entidade bancaria

Unha vez coñecidas estas obrigas e requirimentos, así coma o resto da información de interese recollida na Resolución nomeada anteriormente, poderá iniciar o proceso de adhesión facendo clic aquí. Unha vez que presente a declaración confirmaráselle a súa adhesión ou, se se detectara un incumprimento das condicións, o seu rexeitamento mediante a correspondente notificación electrónica. Se este último fora o caso, lembre que pode facer as correspondentes reclamacións a través dos modelos xenéricos dispoñibles na Sede electrónica.

Os establecementos adheridos poderán publicar ofertas e promocións, así como paquetes turísticos (neste caso só as axencias de viaxe), personalizadas para a campaña Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia, entrando na extranet sectorial Turespazo. Se non está rexistrado deberá facelo previamente para poder acceder a Turespazo. Unha vez sexa aceptado e notificado como establecemento adherido, como consecuencia da solicitude feita a través da Sede Electrónica,  poderá acceder directamente ao servizo de edición e publicación de ofertas e paquetes turísticos personalizados para o Bono Turístico.

Arriba
Axúdanos a mellorar!