Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia

O desenvolvemento das distintas medidas de apoio ao sector turístico galego como consecuencia dos efectos derivados da influencia da covid-19 fixeron posible a creación do Bono turístico #QuedamosenGalicia, unha iniciativa froito da colaboración da Xunta de Galicia e o Clúster Turismo de Galicia para fomentar a actividade a través do incentivo ao uso dos distintos servizos turísticos galegos por parte da cidadanía.

O bono turístico, que se puxo en marcha no ano 2020 destinado ao persoal sanitario e sociosanitario de Galicia e que estará vixente ata o día 31 de maio de 2021, estende agora a súa cobetura de xeito que toda a poboación galega poderá gozar en breve dos seus beneficios a través dunha nova convocatoria que estará vixente ata o 15 de decembro deste ano. 

Que é a Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia?
  • A Tarxeta Turística é unha tarxeta moedeiro que se cargará na entidade financeira que colaborará coa Xunta de Galicia na posta en marcha deste programa. Nesta nova edición, Turismo de Galicia achegará o 60% do custo do bono mentres que o cidadán beneficiario deberá achegar o 40% restante.
Quen poderá beneficiarse do uso da Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia?
 
  • As persoas maiores de idade empadroadas nos concellos galegos que non se tiveran beneficiado do bono na primeira convocatoria. 
Cando se poderá solicitar a Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia?
 
  • Resolto o proceso selectivo aberto pola Xunta de Galicia para determinar a entidade financeira que colaborará na emisión das tarxetas moedeiro, e unha vez se definan os establecementos e servizos adheridos ao programa, a convocatoria para solicitar a Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) e os cidadáns xa poderán facer a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta. Nesta convocatoria publicarase o orzamento destinado por Turismo de Galicia a este programa e as condicións e prazos para solicitalo e gozalo.
Tipoloxía de tarxetas dentro da Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia
 
As tarxetas que poderán solicitar os cidadáns dentro deste programa de incentivo ao sector turístico galego serán as seguintes:
 
  • Tarxeta de 500 € (300 € Xunta – 200 € particular)
  • Tarxeta de 375 € (225 € Xunta – 150 € particular)
  • Tarxeta de 250 € (150 € Xunta – 100 € particular)
 
Que empresas se poderán adherir á nova convocatoria? 
 
Poderán participar aloxamentos turísticos e axencias de viaxes. A través delas poderase paquetizar a oferta complementaria (turismo activo, industrial, restauración, termalismo…).

 

Listado de
establecementos
adheridos

Consulta aquí o listado de establecementos adheridos (aloxamentos e axencias de viaxe) ao programa do Bono Turístico

Todas as
ofertas
para ti

Todas as ofertas que os establecementos adheridos poñen a túa disposición, podes consultadas aquí

Consulta os
Paquetes turísticos

Consulta os paquetes turísticos que as axencias che propoñen para gozar do Bono Turístico

Arriba
Axúdanos a mellorar!