Poderán solicitar a Tarxeta Turística de xeito voluntario ás persoas, maiores de 18 anos, empadroadas en calquera dos municipios de Galicia. 

A adhesión de persoas beneficiarias ao programa Tarxeta Turística está regulada pola Resolución  de 7 de abril, pola que se establece o procedemento de concesión da Tarxeta Turística #QuedamosenGalicia  para ás persoas, maiores de 18 anos, empadroadas en calquera dos municipios de Galicia, que pode consultar aquí, e no que se identifican os seguintes requirimentos:

  • Poderán ser beneficiarias desta Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia as persoas físicas maiores de idade, que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Cada persoa física unicamente poderá solicitar e ser adxudicataria dunha Tarxeta Turística  #QuedamosEnGalicia.
  • Non poderán solicitar nin ser beneficiarias desta nova edición da Tarxeta turística  #QuedamosEnGalicia, as persoas que xa resultaran beneficiarias na primeira edición do Bono Turístico.

O prazo para solicitar a tarxeta finalizará o 1 de novembro de 2021 e o prazo para consumir o saldo das tarxetas prepagamento finaliza o 15 de decembro de 2021

Todas as declaracións serán validadas para garantir que cumpren cos requirimentos anteriores e as persoas solicitantes recibirán unha notificación electrónica confirmándolle a súa adhesión ou, se fora o caso, o seu rexeitamento. Se a persoa solicitante non estivera de acordo coa resolución poderá realizar a correspondente reclamación empregando un dos procedementos xenéricos que, a tal efecto, están dispoñibles na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Arriba
Axúdanos a mellorar!