A Tarxeta Turística é unha das ferramentas postas en marcha co obxectivo de estimular a demanda, fomentar o turismo interno e, en definitiva, favorecer a liquidez do sector turístico. 

Articulase como unha tarxeta Visa prepago, que se entrega a cada beneficiario que realiza a correspondente solicitude e que poderá ser utilizada nos establecementos e servizos turísticos adheridos ao programa.

Poderán solicitar a  a Tarxeta Turística todas as persoas que o desexen a través da Sede Electrónica da Xunta nos prazos habilitados e que cumpran os requisitos: ser maior de idade, estar empadroado nalgún concello galego e non ser beneficiario da anterior edición do Bono Turístico.

 

Entidades promotoras e colaboradoras na a Tarxeta Turística. 
 

A iniciativa está promovida pola Vicepresidencia Primeira, a través da Axencia Turismo de Galicia e conta coa participación do Clúster do Turismo de Galicia, como representante das empresas do sector, e  Abanca, como entidade colaboradora na instrumentación da axuda económica ás persoas beneficiarias do programa. 

 

Como funciona a a Tarxeta Turística? 

 

PARA AS EMPRESAS. Desde o punto de vista da adhesión dos establecementos, serán as persoas propietarias dos mesmos quen, a través da Sede Electrónica amosen o seu interese por participar, mediante a correspondente solicitude, e asumir as obrigas e requirimentos do mesmo. 

Cada empresa terá, ademais, que subir as súas propostas de servizos ou aloxamento a través do seu espazo profesional na nosa web, o Turespazo. Como novidade, non terán que facer ningún desconto sobre o produto ou servizo ofrecido 

PARA O BENEFICIARIO. Unha vez aberto o prazo, o particular deberá facer a correspondente solicitude a través da Sede Electrónica da Xunta, unha única solicitude por persoa, na que deberá indicar a contía da tarxeta prepago que solicita. 

Hai tres tramos de saldo para as tarxetas, aínda que en todos os casos a Xunta asume o 60% desta cantidade e o particular o outro 40%

  • Tarxeta de 500 € (300 € Xunta – 200 € particular)
  • Tarxeta de 375 € (225 € Xunta – 150 € particular)
  • Tarxeta de 250 € (150 € Xunta – 100 € particular)

Verificado que o solicitante cumpre os requisitos, tramitarase a solicitude excluvisamente por orde de petición. O solicitante deberá abonar a parte correspondente no momento en que lle sexa admitida a súa solicitude. unha vez feito o pagamento remitiráselle a resolución de adxudicación da a Tarxeta Turística e Abanca procederá a remitiralle a tarxeta pregago ao seu domicilio.  

As persoas beneficiarias poderán utilizar o saldo da súa tarxeta de forma total ou parcial, así como completar os pagos, de non ter saldo suficiente, con outras formas de pago admitidas polo establecemento turístico.

A tarxeta prepagamento, que emitirá a entidade bancaria colaboradora, estará operativa ata o 15 de decembro do 2021, data na que perderá toda a súa vixencia. Poderá ser empregada nos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes, así como nos seus servizos asociados, que se adhiran ao programa.

Arriba