IGREXA DE SANTA MARIÑA DE FONTEFRÍA

Relixioso
1159
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Amoeiro (Santa María)

Lugar: Amoeiro 32

32171  Amoeiro - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 44.9" N - 7º 56' 51.0" W

Descrición

Igrexa románica consagrada no ano 1200 con importantes reformas posteriores. Obsérvase nalgúns elementos a transición ao gótico: no apuntamento do arco triunfal. A igrexa é dunha soa nave e planta rectangular. A ábsida está dividida en corpos por columnas ao exterior e no muro setentrional destaca a colección de canzorros ben traballados. Unha semicolumna apegada ao exterior que se levanta sobre un alto plinto, con base de forma bulbosa e con arcaduras semicirculares ou lóbulos esculpidos contrarresta o peso da bóveda de canón apuntada que cubre o presbiterio. No seu capitel apreciamos unha curiosa figura antropomorfa con ás estendidas. A fachada é reconstruída aínda que aproveitando os seus propios materiais antigos. No adro foi achado un "sartego" de granito de época anterior ao século XI.

Acceso

Dende Amoeiro tomamos dirección a Abruciños (3 km), continuando por esa estrada ata encontrar un indicador que nos leva á man dereita ata a igrexa de Fontefría. O cruce encóntrase pouco antes de chegar ao pazo de San Damián. Desde o cruce ata a igrexa hai aproximadamente 1 km.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!