MIRADOIRO DE COTORREDONDO

Áreas de recreo e miradoiros
1899
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilaboa (San Martiño)

Lugar: O Toural

Vilaboa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 21' 11.4" N - 8º 40' 30.5" W

Descrición

Habilitado como Parque da Natureza, Cotorredondo é un espazo natural e de lecer localizado no centro da península do Morrazo, compartido polos concellos de Vilaboa, Marín e Moaña.

O lago de Castiñeiras artella a un conxunto que destaca pola súa variedade arbórea e por dispoñer dunha aula da natureza habilitada para a educación ambiental.

Dende o miradoiro de Cotorredondo, a 550 metros de altitude, disponse dunha ampla perspectiva do fondo da ría de Vigo cara ao sur, destacando a enseada e illa de San Simón e cara ao norte as rías de Pontevedra e Arousa.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!