SOBREIRAIS DO ARNEGO

Espazos naturais
2575
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Agolada | Lalín | Vila de Cruces

Coordenadas:
42º 46' 07.2" N - 8º 05' 22.2" W

Descrición

A sobreira, só presente en Galicia nas zonas máis abrigadas dos vales fluviais, ten na conca do Ulla ás beiras do seu afluente o Arnego un dos bosques mixtos mellor conservados da comunidade. Acompáñase principalmente de carballo. Os exemplares de maior porte poden chegar ata os 25 metros de altura, e nas zonas máis accesibles mostran as cicatrices da explotación secular da cortiza.
Un dos mellores sitios para achegarse ao Arnego, onde o sobreiral forma unha masa densa de vexetación, é o val de Carmoega, en Agolada. No camiño dos muíños existe unha boa senda de pescadores con área recreativa.

Acceso

Para chegar ao lugar de Carmoega, desvío na estrada local entre Vila de Cruces e Agolada.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Situación

Concellos de Agolada, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra).

Superficie

1.080,83 ha.

Servizos

Nas localidades de referencia.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!