CRUCEIRO DE PAZOS

Etnográfico
755
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lestedo (Santa María)

Lugar: Pazos

15882  Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 48.7" N - 8º 27' 55.1" W

Descrición

Realizado en granito, ten a cruz circular, leñosa e con nós e coas imaxes de Cristo e a Virxe en actitude de orar; capitel cuadrangular con cabezas de anxos con ás e símbolos de paixón: martelo, tenaces, lanzas...; o fuste é circular, leñoso e con nós; a base é pentagonal con imaxe do esqueleto da cabeza, cranio e ósos da cara descarnados así como tibias en X; ápoiase sobre tres chanzos de planta cuadrangular.

Acceso

Pola N-525 no núcleo urbán de Lestedo, cóllese na estrada á dereita que conduce a Vedra. O cruceiro sitúase ao lado da estrada á man dereita nunha finca, a uns 50 metros dende o cruce.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!