Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 168 ROTEIRO DOS MEGALITOS&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 168 ROTEIRO DOS MEGALITOS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170512000139/pr-g-168-roteiro-dos-megalitos?langId=gl_ES%26tp=6%26ctre=23
Outra das sendas da rede de rutas do municipio de Toques que ten como principal atractivo O Forno dos Mouros, un dos monumentos megalíticos máis importantes de Galicia. O trazado é case circular comezando na aldea de Mirallos e rematando a 900 m deste lugar. Realizando o percorrido no sentido do reloxo iremos cara á Serra do Careón, lembrando que nos atopamos nunha zona catalogada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).
A primeira parte é predominantemente de montaña, camiñando a través de pistas de terra chegaremos á igrexa do Acibadoiro. O camiño ancho intercálase con sendas angostas cheas de misterio, da anchura dun carro que se denominan congostras e son un auténtico vestixio do pasado. A medida que descendemos o arboredo faise máis densa aparecendo entre ela bonitas estampas das pradarías. No punto mas baixo da ruta temos conexión co sendeiro PR-G 166 Fervenzas de Toques que permite combinar o percorrido de ambos sendeiros.
Pasaremos por Baamonde para continuar o ascenso a través de grandes prados ata o solitario Lugar do Couso. Dende aquí ascenderemos aos cumios da Serra do Bocelo con espectaculares vistas do contorno para chegar ao punto culminante do percorrido: o dolmen do Forno do Mouros que aínda conserva case a totalidade das súas pinturas.
A senda termina no Monte do Peneiral a tan só 900 m do punto de inicio.
FORNO DOS MOUROS
Os dolmens son construcións do Neolítico formadas por grandes lousas de pedra. En Galicia, pola abundancia de rocas de granito, os dolmens adquiren unha dimensión especial e sorprenden polo seu enxeño construtivo.
Conta a lenda que baixo os dolmens galegos hai fabulosos tesouros enterrados. O que si se sabe é que están relacionados cos grandes ritos funerarios.
O Forno dos Mouros, un dolmen datado no 3.000 a. C., está situado no Camiño Real que unía As Pontes de García Rodríguez co porto de Bares; un camiño no que están catalogados máis de 80 túmulos funerarios. Aínda que non se pode visitar, presenta no seu interior decoración pictórica con liñas horizontais en zigzag, alternándose as liñas en vermello coas de cor negra.
Concello de Toques
Tel.: 981 505 826
e-mail: correo@toques.es
web: www.toques.es
Sendeiros
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.