PR-G 168 ROTEIRO DOS MEGALITOS

Sendeirismo
1845
No Camiño de Santiago

Localización

Toques - A Coruña

Coordenadas:
43º 00' 49.0" N - 7º 57' 23.6" W
43º 00' 46.5" N - 7º 57' 43.9" W

Descrición

Outra das sendas da rede de rutas do municipio de Toques que ten como principal atractivo O Forno dos Mouros, un dos monumentos megalíticos máis importantes de Galicia. O trazado é case circular comezando na aldea de Mirallos e rematando a 900 m deste lugar. Realizando o percorrido no sentido do reloxo iremos cara á Serra do Careón, lembrando que nos atopamos nunha zona catalogada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).

A primeira parte é predominantemente de montaña, camiñando a través de pistas de terra chegaremos á igrexa do Acibadoiro. O camiño ancho intercálase con sendas angostas cheas de misterio, da anchura dun carro que se denominan congostras e son un auténtico vestixio do pasado. A medida que descendemos o arboredo faise máis densa aparecendo entre ela bonitas estampas das pradarías. No punto mas baixo da ruta  temos conexión co sendeiro PR-G 166 Fervenzas de Toques  que permite combinar o percorrido de ambos sendeiros.

Pasaremos por Baamonde para continuar o ascenso a través de grandes prados ata o solitario Lugar do Couso. Dende aquí ascenderemos aos cumios da Serra do Bocelo con espectaculares vistas do contorno para chegar ao punto culminante do percorrido: o dolmen do Forno do Mouros que aínda conserva case a totalidade das súas pinturas.

A senda termina no Monte do Peneiral a tan só 900 m do punto de inicio.

Acceso

No Souto, capital do Concello de Toques, seguir pola CP-4604 en dirección a Sobrado. A 5,6 km desviarse cara a Mirallos.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Un plus

FORNO DOS MOUROS

Os dolmens son construcións do Neolítico formadas por grandes lousas de pedra. En Galicia, pola abundancia de rocas de granito, os dolmens adquiren unha dimensión especial e sorprenden polo seu enxeño construtivo.

Conta a lenda que baixo os dolmens galegos hai fabulosos tesouros enterrados. O que si se sabe é que están relacionados cos grandes ritos funerarios.

O Forno dos Mouros, un dolmen datado no 3.000 a. C., está situado no Camiño Real que unía As Pontes de García  Rodríguez co porto de Bares; un camiño no que están catalogados máis de 80 túmulos funerarios. Aínda que non se pode visitar, presenta no seu interior decoración pictórica con liñas horizontais en zigzag, alternándose as liñas en vermello coas de cor negra.

Lonxitude

12 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Monte do Peneiral (Concello de Toques) - UTM 29T X:584571 Y:4762774
Punto de partida: Mirallos - UTM 29T X:585030 Y:4762856

Percorrido

Mirallos, Lugar da Casavella, Igrexa de Santa María de Brañas ou do Acibadoiro, Baamonde, Dolmen do Forno dos Mouros, Monte do Peneiral.

Dificultade

Media

Duración

3 horas.

Servizos

En O Souto.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

96 -II Toques e 71-IV As Cruces.

Máis información

Concello de Toques
Tel.: 981 505 826  
e-mail: correo@toques.es
web: www.toques.es

J Taboada (Técnico homologador de sendeiros)
Tel.: 626 835 030
xullotaboada@hotmail.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese arqueolóxico
Interese paisaxístico

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!