PR-G 157 ROTEIRO AUGAS MESTAS - DOADE

Sendeirismo
1554
No Camiño de Santiago

Localización

Lugo

Quiroga | Sober

Coordenadas:
42º 24' 56.5" N - 7º 28' 43.5" W

Descrición

Atopámonos no territorio da D.O. vitivinícola Ribeira Sacra, na bisbarra de Terra de Lemos, para percorrer un dos sendeiros máis espectaculares pero tamén máis longos e esixentes de Galicia.

Os seus 27 km, os desniveis e as gradas requiren unha boa condición física, sen esquecer a planificación do percorrido, do avituallamento, dos horarios e do transporte de regreso.

O percorrido é lineal, recoméndase inicialo dende o Lugar de Parada en dirección a Doade, xa que a pendente será menos pronunciada. Nada máis deixar a zona de Augas Mestas o sendeiro escava o seu camiño na parede da montaña, formando auténticos “balcóns” a centos de metros sobre os ríos Lor e Sil.

Continuando o ascenso por unha estreita senda chégase á aldea abandonada do Fuluxento, punto de inicio dun recorrido vinícola que pasa primeiro entre os viñedos e logo polas bodegas da parroquia de Vilachá de Salvadur.

Despois dun tramo intermedio descendendo por pistas forestais chegaremos de novo ata o río para visitar as aldeas abandonadas de Barxa, Froxende e Vilar de Mouros. Camiñaremos entre bosques de castiñeiros milenarios e exemplares de erbedeiro e sobreira que denotan o microclima mediterráneo da conca do rio Sil. De novo o camiño afástase do encoro e discorre por unha zona agrícola entre as aldeas da Lampaza e Os Palleiros.

Xa na parte final volve a achegarse ao río para deixarnos unha inesquecible panorámica da conca do Sil dende o miradoiro da Pena do Castelo.

Acceso

Dende Monforte de Lemos chégase ao inicio pola estrada N-120 en dirección a Quiroga. No km 24,3, no Lugar de Parada, sitúase o inicio do sendeiro ao borde da estrada.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Lonxitude

27 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Doade (Concello de Sober). - UTM 29T X:655167 Y:4697006
Punto de partida: Lugar de Parada (Concello de Quiroga) - UTM 29T X:635805 Y:4702424

Percorrido

Lugar de Parada, Lugar do Fuluxento, Fervenza de Trasmonte, Lugar de Trasmonte, Lugar de Vilachá, Lugar de Barxa, Lugar de Froxende, Lugar de Vilar de Mouros, Muíño de López, Fonte de San Xermude, Miradoiro da Pena do Castelo, Souto de Valguire, Doade.

Dificultade

Moi alta

Duración

11 horas.

Material

Botas de montaña con sola antiesvarante.

Servizos

En Monforte de Lemos.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

189-I Torbeo, 189- II Quiroga e 189-III Castro Caldelas

Máis información

Oficina de turismo de Monforte de Lemos
Tel.: 982 404 715
turismo@concellodemonforte.com
www.monfortedelemos.es

Concello de Sober
Tel.: 982 460 001 / 982 460 005
www.concellodesober.com

Concello de Quiroga
Tel.: 982 428 001
www.concellodequiroga.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!