PR-G 140 SENDEIRO DO GALLOL

Sendeirismo
1477
No Camiño de Santiago

Localización

A Fonsagrada - Lugo

Coordenadas:
43º 13' 16.3" N - 7º 06' 27.5" W
43º 13' 34.6" N - 7º 05' 04.3" W

Descrición

Sendeiro semicircular cuxo percorrido hai que combinar co PR-G 139 para regresar ao punto de inicio, completando así unha distancia total de 14,3 km.

Dende o lugar de Vilardíaz o sendeiro descende polo val do río Rodil. O camiño, dende o que contemplaremos fabulosas vistas, rodea a montaña ata Ponte de Beltrán, un antigo paso que unía os lugares de Vilarxubín e Vilardíaz e que foi recuperado para o tránsito de sendeiristas. Dende o máis fondo do val os castiñeiros proporcionarannos unha agradable sombra que fará máis apracible o ascenso ata a aldea de Vilarxubín, neste encantador lugar veremos un hórreo típico desta zona.

Entraremos de novo no bosque e veremos as corripas, pequenas construcións de pedra circulares ou cadradas utilizadas para a conservación e o manexo da castaña, produto que foi básico na economía e alimentación desta zona.

Continuaremos o camiño pasando moi cerca do lugar de Vilarín do Castelo para volver a descender cara ao río. Antes de chegar ao río, e fóra de ruta, existe la posibilidade de achegarnos á seimeira (salto de auga) de Parada. Continuando pola ruta principal chegaremos a un dos puntos culminantes da ruta, o Castro do Castelo, localizado nun inexpugnable lugar entre dous ríos.

Acceso

Na estrada LU-630 (Lugo - A Fonsagrada) 500 m antes de chegar ao núcleo da Fonsagrada, tomar o desvío pola estrada que superar a aldea ata a escola onde se atopa o inicio do sendeiro.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Lonxitude

11,5 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Conexión co PR-G 139 (Concello da Fonsagrada)
UTM: 29T X: 653686 Y: 4787093
Punto de partida: Escola de Vilardíaz
UTM: 29T X: 655600 Y: 4787716

Percorrido

Lugar de Vilardíaz, Ponte de Beltrán, Vilarxubín, Corripas de Gallol, Castro do Castelo.

Dificultade

Media - Alta

Duración

4 horas e 40 minutos.

Servizos

Na Fonsagrada.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

49-III Maderne.

Máis información

Concello da Fonsagrada
Tel.: 982 340 000
es.afonsagrada.org

J Taboada (Técnico homologador de sendeiros)
Tel.: 626 835 030
xullotaboada@hotmail.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Etnografía
Interese naturalista
Interese paisaxístico

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!