CAPELA CAMBA

Relixioso
617
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Portela (San Xulián)

Lugar: A Portela

32348  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 25' 47.2" N - 7º 01' 37.4" W

Descrición

Construción de planta rectangular, con muros de cachotería salpicada con morteiro de cemento, que destaca pola súa altura. Ventás de iluminación que gardan certa simetría, con moldura de arco de medio punto. Na súa fronte, porta con arco de medio punto e sobre ela ventá circular. No seu extremo sueste e pegada á fachada, estrutura de cachotería que remata nunha espadana dun só oco. 

Fronte á capela atópase a Casa Camba e non moi lonxe a Casa Grande da Portela e a casa de Pilar Macía, exemplos de arquitectura civil. No núcleo da Portela podemos observar máis exemplos de construcións catalogadas de arquitectura civil, así como de arquitectura popular.

Acceso

Saímos de Vilamartín pola N-120 e tomamos o desvío á esquerda cara a Arcos e ao pasar esta aldea tomamos á man esquerda a estrada cara á Portela.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!