Plans
2

Localización

Información Xenérica

Prezo: 105
Duración: 1
Descrición:

Un paseo por un territorio máxico e con historia, mosteiros onde se respira a paz e tranquilidade que un necesita nunhas vacacións. Vistas desde os mellores miradoiros gozando da beleza que nos brinda a natureza, percorrido polo río Sil e terminando con bo sabor de boca grazas aos magníficos viños da D.O. Ribeira Sacra.

Incluido na excursión Ribeira Sacra

  • Visita aos mosteiros de San Pedro de Rocas, Santo Estevo de Ribas de Sil e Santa Cristina
  • Visita a unha Adega con cata de viño D.O. Ribeira Sacra
  • Comida tradicional nun restaurante da zona
  • Ruta en Catamarán privado con degustación de viño
  • Visita a varios miradoiros (incluídos os máis emblemáticos, Cabezoás e Balcóns de Madrid)
  • Transporte privado desde e ata aloxamento ou punto de encontro
  • Guía acompañante
  • Servizo de fotografía
  • Seguros e Impostos




Excursión personalizada

A excursión descrita arriba correspóndese á excursión habitual, pero pódese adaptar ás preferencias do cliente podendo personalizala. Por exemplo se quere cambiar a visita á adega por unha visita a unha olería tradicional, ou cambiar un dos mosteiros incluídos por outro mosteiro distinto, facer unha ruta de sendeirismo ou ver fervenzas etc. indíqueo nos comentarios durante o seu reserva ou ben chámenos por teléfono e adaptarémola ás súas preferencias.

Nota: Existen visitas e/ou actividades adicionais que poden ser contratadas e que non están incluídas no prezo.


A recollida farase no lugar e hora acordados. Por defecto a saídas realízanse desde Ourense cidade. Un guía acompañante acompañaralles durante todo o circuíto, asistíndolles en todo o que necesiten.


Duración Aproximada

  • Total: 10 horas 30 min

Tamaño do grupo

1 a 8 persoas (outros tamaños a consultar)



Nota

Se desexa saír dun lugar distinto a Ourense, aplicarase un cargo adicional.

¿Cómo chegar a Ourense? Dende Santiago de Compostela, A Coruña e Madrid, recoméndase usar o tren con destino a Ourense (www.renfe.com), recollerémolos na estación e levarémolos de volta. Se precisa máis información sobre como chegar a Ourense, non dubide en contactar connosco.


Un exemplo:

Dende Santiago de Compostela pode chegar a Ourense en 38 min (vehículo 1h 15min). O custo por viaxe e persoa é de aproximadamente 13 euros.

Entrada: A Excursión Ribeira Sacra é perfecta para descubrir o segredo mellor gardado do territorio español: a Ribeira Sacra. Situada entre Ourense e Lugo, con mosteiros no medio de bosques de castiñeiros, canóns impresionantes e viñedos ao longo das montañas onde se practica a viticultura heroica; as súas paisaxes deixarano pampo.
Nome: Ribeira Sacra Excursión Privada 1 Día

Itinerario

Descrición:

Itinerario Estandar:


  • 09:30 - Saída dende Ourense
  • Visita a Miradoiros / Monumentos
  • Ruta en Catamarán
  • Xantar
  • Visita a Miradoiros / Monumentos
  • Visita a Adega
  • 20:00 - Chegada a Ourense


**A ter en conta que tanto a ruta como os horarios poden variar dependendo da época do ano, disponibilidade de proveedores, as horas de luz e o punto de recollida acordado con vostede.

Etiqueta: 1 Día

Servizos

Seguro de asistencia en viaxe
IVE incluido
Non inclue: Calquera cousa fora do apartado "Inclue"
Inclue:

*Incluido nunha visita estandar:

  • Visita aos mosteiros de San Pedro de Rocas, Santo Estevo de Ribas de Sil e Santa Cristina
  • Visita a unha Adega con cata de viño D.O. Ribeira Sacra
  • Comida tradicional nun restaurante da zona
  • Ruta en Catamarán privado con degustación de viño
  • Visita a varios miradoiros (incluídos os máis emblemáticos, Cabezoás e Balcóns de Madrid)
  • Transporte privado desde e ata aloxamento ou punto de encontro
  • Guía acompañante
  • Servizo de fotografía
  • Seguros e Impostos

*De acordo coas túas preferencias, a excursión pode ser adaptada xa que non é posible visitar todos os recursos da rexión nun día (necesitaríamos 3). Por defecto facemos a estándar, pero pode facerse máis cultural ou máis paisaxística, se non quere o catamarán ou a adega, podemos incorporar outra atracción no seu lugar (se a diferenza en custe é importante, pode variar o prezo). Tamén intentamos incorporar algún elemento de sorpresa.

Transporte e desprazamentos

Categorización

Perfil turista: Familia | Parella | Grupo | Individual
Experiencias: Rutas turísticas | Top ten: Dez lugares únicos | Patrimonio Oculto
Temática: Naturaleza | Arte e cultura | Gastronomía | Actividades ao aire libre
Xeodestinos: 07. Ribeira Sacra

Multimedia

{"NOME":"http://www.turismo.gal/imaxes/mdaw/mzi3/~edisp/~extract/TURGA327846~1~staticrendition/tg_carrusel_cabecera_grande.jpg","TIPOARCHIVO":"Imaxe","COMENTARIO":"Mirador"}
{"NOME":"http://www.turismo.gal/imaxes/mdaw/mza4/~edisp/~extract/TURGA308361~1~staticrendition/tg_carrusel_cabecera_grande.jpg","TIPOARCHIVO":"Imaxe","COMENTARIO":"Viñedos"}

Datos de reserva

Teléfono de reserva/consulta: +34 689 139 381
Email de reserva/consulta: enquiries@verdantexperiences.com
Url de reserva: https://www.verdantexperiences.com/es/tours/un-dia/excursion-ribeira-sacra

Condicións específicas

Condicións específicas:
  • En algúns periodos do ano, poden ser de aplicación promocións nos prezos pero so a través da nosa web.
  • O horario mostrado é susceptible de cambios dependendo da disponibilidade de proveedores no momento da reserva.
  • A ruta en catamarán so se garantiza durante temporada alta. Non se garantiza dende 1 de novembro de 2018 ata o Marzo de 2019, de luns a xoves. En festivos e de venres a domingo, so se realizarán se existe demanda suficiente.
  • En caso de non poder realizar a ruta en catamarán realizarase outra actividade na Ribeira Sacra.
  • Saidas dende outro lugar que non sexa Ourense cidade, implican un cargo adicional non incluido no prezo actual.

Recurso

Recurso: 40056370
Arriba