ERMIDA DE MONTETORÁN

Relixioso
468

Localización

Parroquia: Bamiro (San Amedio)

15150  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 42.3" N - 8º 58' 09.0" W

Descrición

Nosa Señora de Montetorán é a santa á que se ofrecen os fieis da comarca que sofren males da cabeza. Di o refrán que “a Montetorán, todos os tolos van”. En maio celébrase a romaría no campo do alto do outeiro onde se sitúa a capela. Alí tamén hai un oratorio de pedra situado sobre unha laxe onde poder dicir misa ao aire libre. O rito de curación debe realizarse tamén lavando a parte do corpo a sandar cun pano, mollado na auga do cano da fonte milagreira. Despois haino que deixar a secar en pólas ou silveiras próximas.

En canto á capela, xa existía esta no século XVII, aínda que foi moi reformada no XVIII.

Acceso

Desde o centro de Vimianzo viaxar dirección á Coruña. Na rotonda da autovía en Santa Irene, tomar a primeira saída en dirección a Bamiro. Continuar en dirección á igrexa parroquial, xirando á esquerda tralo lugar do Campo. Unha vez pasada a igrexa pode visitar primeiro a fonte milagreira nun desvío á esquerda ou continuar subindo o monte até o tope onde fica a capela.

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!