CRUCEIRO DE PEDRIÑA

Etnográfico
688
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Berdeogas (Santiago)

Lugar: A Pedriña

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
43º 02' 14.6" N - 9º 06' 07.5" W

Descrición

Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. O varal é octogonal empezando en cadrado. O capitel é tamén octogonal tendo o astrágalo octogonal e liso e con volutas. A súa cruz é circular e leñosa con nós. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza está anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar sobre unha peaña e coas mans en cruz sobre o peito. Todo o cruceiro é de granito.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!