CRUCEIRO DE BUXANTES

Etnográfico
763
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Buxantes (San Pedro)

Lugar: A Grixa

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 25.6" N - 9º 07' 03.5" W

Descrición

Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos con voo e cun pedestal cuadrangular achafranado. Leva unha mesa acaroada ao último chanzo. O varal é circular, sendo de máis sección por abaixo e diminuíndo cara arriba. O capitel é troncopiranidal invertido con follas. A cruz circular presenta a Cristo Crucificado polo anverso con tres cravos e as mans pechadas. Inclina un pouco a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza queda anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito. O cruceiro é todo de granito.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!