CASTRO DE VILAR

Depósitos arqueolóxicos
317

Localización

Parroquia: Vilamor (San Vicente)

Lugar: Vilar

27325  Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 33' 27.0" N - 7º 14' 07.9" W

Descrición

Este espectacular xacemento ocupa a cota máis alta dun amplo esporón de lousa, arredor do que debuxa un marcado meandro o río Lor. O xacemento é case inexpugnábel en todo o seu perímetro, agás polo sur. Para a defensa construíuse un potente sistema defensivo de catro foxos seguidos dos seus respectivos contrafoxos/murallóns. Aínda conserva a estrutura defensiva e os restos de construcións habitacionais.

Acceso

Dende Folgoso tómase a estrada LU-P-4701 cara a Vilamor, a 4 km tomamos o desvío A Campa/Vidallón/Vilar pola LU-P-1305. A 3 km atopamos Vilar, dende onde tomamos o sendeiro que leva ao castro a 500 metros da aldea.

Accesibilidade

Peonil.
Patrimonio cultural Depósitos arqueolóxicos Cultura castrexa (castros, citanias)
Arriba