PETO DE ÁNIMAS DE O RIAL

Etnográfico
469

Localización

Parroquia: Pesqueiras (Santa Mariña)

Lugar: O Rial

36456  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Descrición

Peto de ánimas de tipo aberto que se acha baixo un baldaquino. Entre as columnas que soportan o tellado pódese ver un retablo de pedra presidido pola Virxe do Carmen. Pola banda dereita un dos penados consegue saír grazas á súa mediación redentora atopándose á altura do neno Xesús que ela porta nos seus brazos. Outra ánima, por debaixo, comeza o seu camiño de saída das lapas. Xa nun plano inferior, á esquerda, un anxo auxilia un almiña quedando dous máis no medio das lapas.
Está nunha propiedade privada, non é visitable.
Arriba
Axúdanos a mellorar!