SEIXO BRANCO

Áreas de recreo e miradoiros
3873

Localización

Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 23' 45.7" N - 8º 20' 59.1" W

Descrición

En pleno Golfo Ártabro, a Costa de Dexo-Serantes esténdese entre o porto de Lorbé e o faro de Mera conformando un extraordinario ecosistema litoral protexido coa figura de Monumento Natural.

A riqueza de flora e fauna é acompañada por unha paisaxe espectacular nunha costa crebada por cantís e furnas propia deste espazo de transición entre as rías de Ares, Betanzos e A Coruña.

O Seixo Branco é unha veta de cuarzo de destacada cor branca que chama a atención entre os cantís ata o punto de servir como referencia de navegación para os mariñeiros, ao igual que a Marola, illote próximo que marca o límite entre as augas tranquilas e o mar aberto, ben se dí que “quen pasou A Marola, pasou a mar toda”.
Arriba
Axúdanos a mellorar!