CAPELA DE SAN ANTÓN DE PADUA

Relixioso
603
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Conso (Santiago)

Lugar: Conso

32557  Vilariño de Conso - Ourense

Coordenadas:
42º 10' 41.1" N - 7º 10' 18.3" W

Descrición

Pequena capela con muros de cantería de pedra de gra, construída ao lado da casa reitoral, edificio barroco de 1766. A capela ten unha fornela cunha imaxe pétrea de santo Antón de Padua, e sobre ela unha pequena espadana de forma piramidal na que descolga unha pequena campá. Era de destacar a súa porta con ornamentacións cadradas, que lamentablemente se perdeu nun incendio. Enriba dela presenta unha lenda que di: “hizose por el abad d. Josep Sánchez de Ocaña 1766”.

Acceso

Edificio situado no medio do pobo, ao que se accede dende a rúa que baixa polo pobo e, que enlaza dende a estrada principal de Vilariño dirección Manzaneda.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Neoclásico
Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!