MONSEIVANE

Áreas de recreo e miradoiros
1115
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Simón da Costa (San Simón)

Vilalba - Lugo

Coordenadas:
43º 23' 26.8" N - 7º 34' 29.8" W

Descrición

Monseivane ou Coto de Monseivane é, con 935 metros, o cumio de maior altitude da serra da Carba, moi próxima á serra do Xistral coa que establece o gran cordal montañoso do norte de Galicia.

Pertencente á Terra Chá, a área chaira máis extensa de Galicia, o reborde montañoso da comarca permite óptimas vistas das zonas baixas caracterizadas polas súas paisaxes agrarias e gandeiras ben conservadas e salpicadas por pequenas aldeas e sebes. Na contorna de Monseivane e frecuente atopar gando ceibo, pacendo en liberdade entre prados, matogueiras e piñeirais.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!