MONTE CEPUDO

Áreas de recreo e miradoiros
1426
No Camiño de Santiago

Localización

Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 10' 11.8" N - 8º 44' 08.5" W

Descrición

Vigo conta cun cinto verde formado polos montes que bordean a cidade. En moitos casos a altitude e localización converte a estes espazos en miradoiro naturais privilexiados.

O monte Cepudo é un deles e presume de ser, xunto co monte Alba, o de mellores vistas da contorna da ría. Conta ademais cunha extensa área de lecer e diversos servizos, sendo o miradoiro habilitado o principal atractivo deste espazo pola beleza do observado.

Dende os 527 metros de altitude, a ría de Vigo preséntase maxestosa, coa illa de Toralla en primeiro plano, as illas Cíes no medio e dilatadas vistas do litoral das Rías Baixas cara ao noroeste. Pola outra banda vemos a costa de Nigrán e Baiona ademáis dos montes vigueses de Coruxo e Saiáns.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!