MONTE BRANCO

Áreas de recreo e miradoiros
16

Localización

Ponteceso - A Coruña

Coordenadas:
43º 14' 23.6" N - 8º 55' 54.8" W

Descrición

Os ventos soben pola aba do monte cubríndoo de fina area e dándolle esa aparencia branca que lle outorga o nome. O Monte Branco é unha formación que pecha o esteiro do río Anllóns no punto no que procura a súa saída ao mar.

Dende o alto do monte hai vistas de praias, cantís, dunas e a gran lingua de area da praia do Medio, denominada A Barra, que parece querer impedir que o Anllóns toque o mar.

A punta do Roncudo enfróntase ao monte da Insua onde o faro de Laxe guía o camiño de barcos e mariñeiros, conformando entre ambos a pequena ría de Corme e Laxe, que dende este miradoiro pode ser contemplada na súa práctica totalidade.
Arriba