CAPELA DE SAN BLÁS

Relixioso
560
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sabuguido (Santa María)

Lugar: Soutelo

32557  Vilariño de Conso - Ourense

Coordenadas:
42º 09' 30.2" N - 7º 11' 26.9" W

Descrición

Muros de pedra de cantería e cuberta en prolongación, formando na entrada un espazo cuberto ao aire libre e apoiada nun muro por un lado e nun piar de pedra polo outro. Este piar sobre pasa a cuberta orixinando unha pequena e curiosa espadana de pedra dun só oco de medio punto. Cabe subliñar na parte de abaixo dun dos piares, un zosco baixo relevo que representa unha figura humana camiñando cun bordón , ou cruz, que puidera ser prerrománica. A capela foi reformada no 1972.

Acceso

Edificación situada a entrada do pobo na estrada principal que comunica ao pobo dende vilariño.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Rexionalista
Prerrománico
Arriba
Axúdanos a mellorar!