IGREXA PARROQUIAL SANTA MARÍA DE ARBO

Relixioso
566

Localización

Parroquia: Arbo (Santa María)

Lugar: As Laxas

36430  Arbo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 54.2" N - 8º 18' 56.5" W

Descrición

A Igrexa de Santa María recíbenos maxestosa e silenciosa. Situada nun alto, desde ela pódese gozar dunhas magníficas vistas de parte do territorio de Arbo e da veciña Vila en Melgaço, Portugal.
A igrexa ten planta de cruz latina, posiblemente vestixio dunha igrexa románica anterior, da que se ten constancia en documentación do ano 1021, cando Afonso IX lle doou a igrexa de Arbo ao mosteiro de Melón. 
É un edificio relixioso con planta rectangular e unha única nave, á que se lle unen as dúas capelas e a ábsida.
Feita en cantería de pedra e tella na cuberta, presenta unha portada con arco de medio punto cunha vieira a modo de clave, dentro dun lintel abucinado de placas recortadas; está rematado por dos pilastras a los lados y un entaboamento. Por riba deste, unha fornela cunha imaxe da Inmaculada no seu interior, na súa representación habitual sobre un globo terráqueo e cunha serpe e unha coroa de espiños feitos de ferro. O nicho está inscrito nun motivo de estilo renacentista rematado por pilastras e un frontón curvo con motivos decorativos a ambos os dous lados.
A fachada está coroada por un frontón dividido polo campanario. A torre ten só un corpo.

Acceso

Desde a Praza Consistorio seguimos a rúa Miguel Davila nun percorrido de 1 km aproximadamente. 

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Cistercienses
Arriba
Axúdanos a mellorar!