CAPELA DE SAN PEDRO

Relixioso
495

Localización

Parroquia: Arbo (Santa María)

Lugar: A Granxa

36430  Arbo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 52.2" N - 8º 19' 09.7" W

Descrición

A capela de San Pedro, no barrio de Godón, está situada nun contorno elevado, rodeado de edificios residenciais, non moi lonxe da igrexa parroquial de Santa María de Arbo e do camiño real. Este espazo histórico tamén recibe o nome de Verea Arriba. A Granxa é un barrio medieval do Arbo orixinal, creado a partir das explotacións agrícolas de cereais e viñedos, chamado "Granxas", que os frades brancos cistercienses de Melón comezaron nos séculos XII e XIII. O punto de partida documentado é o ano 1184, cando o rei Fernando II lle concedeu unha doazón ao mosteiro de Melón en San Pedro de Aravo. As características tipolóxicas son as dunha capela sinxela e pequena de construción tradicional de pedra do país; na súa fachada descóbrese a data de 1665. San Pedro é moi venerado polos veciños, que celebran a súa festa o día 29 de xuño.

Acceso

Desde Arbo dirixímonos cara á parroquia de Cabeiras e despois de percorrer 1 km dende a Praza Consistorio, debemos desviarnos pola estrada secundaria que nos leva a Rochas, Ferral, e a Granxa.

Orden Relixiosa

Cistercienses
Arriba
Axúdanos a mellorar!