GRANXA-ESCOLA PEDRO MURIAS

Civil
633
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilaframil (San Lourenzo)

Estrada N-634

27713  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 39.1" N - 7º 04' 56.2" W

Descrición

Trátase dun claro exemplo do mecenado que exerceron numerosos emigrantes para co seus lugares de orixe.
O ribadense Pedro Murias emigrou a Cuba onde alcanzou un destacado éxito no sector tabaqueiro, creando diversas marcas entre as que destacan: “La Devesa” e “La Flor de Pedro Murias”. A súa posición social e estabilidade económica non lle fixeron esquecerse do seu pasado e da súa terra. Así, no seu testamento lega unha importante cantidade de diñeiro para a posta en marcha dunha escola de capacitación agraria co fin de que os mozos ribadenses puidesen acceder a unha formación á que el non tivera oportunidade. Este centro iniciou a súa actividade cara a 1920 converténdose en peza fundamental da modernización do agro galego durante os anos 20 e 30 do pasado século. Actualmente segue conservando a mesma función.
O inmoble é peza fundamental da herdanza indiana, sendo un bo exemplo da arquitectura racionalista que se puxo tan en boga ao abeiro da Ilustración. Trátase dun edificio de grandes proporcións formado por un corpo central de dúas plantas, faiado, e dúas alas a cada lado.
Aquí debuta a Ruta dos Indianos polas parroquias.

Acceso

Atópase situado ao pé da estrada N-634, na parroquia de Vilaframil.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!