CASA DE SAN XULIÁN

Civil
372
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilaframil (San Lourenzo)

Lugar: San Xillao

27715  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 46.1" N - 7º 06' 10.1" W

Descrición

Inmoble levantado en 1910 e promovido pola familia de Pedro Murias. Esta casa foi construída a 50 metros da estrada, circunstancia pouco frecuente nun país onde era e é norma edificar a vivenda en primeira liña da rúa ou da estrada. De planta cadrada e dúas plantas, o inmoble é particularmente sobrio, apenas mostra elementos decorativos e nese sentido só posúe unha cornixa que lle outorga certa robustez e aire de fortaleza á par que alegría visual.
Forma parte da Ruta dos Indianos polas parroquias.

Acceso

Tomamos a N-634 dende Ribadeo en dirección á Coruña percorrendo uns 4Km. Fronte ao desvío a Rinlo, atoparemos esta vivenda.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!