CEMITERIO DE A DEVESA

Civil
519
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Devesa (Santalla)

Estrada LU-P-5201 21

27795  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 13.9" N - 7º 08' 10.9" W

Descrición

Financiado por emigrantes que fixeron fortuna nas Américas, un paseo por este camposanto permite comprobar a influencia dos criterios arquitectónicos indianos, neste caso con evidente vocación de eternizarse. Nel sitúase o mausoleo dun dos seus benfeitores: Pedro Murias, quen tamén fixo outras importantes doazóns ao seu pobo natal.
Forma parte da Ruta dos Indianos polas parroquias.

Acceso

Partindo de Ribadeo cara á Coruña pola estrada nacional 634, a uns 7Km da vila, no lugar de A Rochela, á man esquerda tomamos o desvío cara a Vilandriz-Igrexa. Seguindo todo recto, a 1.5Km atoparemos a igrexa de A Devesa e enfronte dela este cemiterio.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Patrimonio cultural Civil Cemiterios singulares
Arriba
Axúdanos a mellorar!