CASA ACEVEDO

Civil
541
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Devesa (Santalla)

Lugar: Vilandriz

Estrada LU-P-5201

27715  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 37.2" N - 7º 07' 44.4" W

Descrición

Trátase en realidade dun conxunto de edificios indianos levantados en 1920 por mandato de José Acevedo Martínez, dous deles únense para formar a vivenda propiamente dita. Resulta destacable que a fachada semelle ser de pedra se ben se atopa recebada con cemento imitando este material. Tamén chama a atención a reixa principal da finca feita en ferro e cunha decoración consistente nas habituais lanzas e flores de lis. A cada lado deste enreixado disponse cadansúa pilastra de ladrillo á vista coroada cun capitel, o que nos recorda ao estilo mediterráneo, e que contribúe a transmitir a idea de solidez e estabilidade económica e social.
Forma parte da Ruta dos Indianos polas parroquias.

Acceso

Partindo de Ribadeo cara á Coruña pola estrada nacional 634, a uns 6Km da vila, no lugar de O Rato, á man esquerda tomamos o desvío cara a Vilandriz-Igrexa da Devesa pola estrada LU-P-5201. A uns 200m seguimos pola dereita. Despois de 300m atopamos esta vivenda á man esquerda.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!