ANTIGA ESCOLA DE NÁUTICA E COMERCIO

Civil
582
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Rúa Antonio Otero 17

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 16.1" N - 7º 02' 22.9" W

Descrición

A Escola de Náutica foi promovida pola Sociedade de Fomento en 1842 e recoñecida como oficial en 1856. Formou parte do claustro Segundo Moreno Barcia, que foi Deputado por Ribadeo en 1873. Pechou en 1874 e en 1896 inaugurouse coas mesmas fins o Colexio de San Luís, no que ocuparon cátedras Juan Suárez Casas e Fernando Méndez San Julián.
Os seus profesores eran expertos mariños e formaron alumnos que prestixiaron a escola por todo o mundo. Máis tarde foi academia de ensinanzas medias e na actualidade alberga a biblioteca municipal “El Viejo Pancho”.

Acceso

Sitúase no casco histórico de Ribadeo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!