CASA GRANDE

Civil
465

Localización

Parroquia: Rairiz de Veiga (San Xoán)

Lugar: Rairiz de Veiga

Praza da Igrexa

32652  Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 04' 57.6" N - 7º 49' 56.5" W

Descrición

Esta casa localízase en pleno centro da aldea de Rairiz de Veiga, á beira da Igrexa e da Casa Reitorial. Trátase dunha hospedería levantada no século XVII, sendo destinada a vivenda señorial e casa de labranza polos seus propietarios.
Trátase dun edificio de desenvolvemento lonxitudinal que parece complementado cun patio e unha horta propia ou diestral. Cunha antigüidade superior aos trescentos anos, o edificio conta cun eido moi amplo que complementa o espazo estritamente residencial. A fábrica da vivenda é humilde, cachotería concertada, que articula os muros dun edificio de medianas dimensións, baixo e unha altura.A arquitectura presenta ocos de entrada e iluminación, polo xeral, de escaso tamaño, algo motivado pola humildade da estrutura e dos materiais de construción. Destaca no conxunto a espléndida solaina ou corredor exterior con piso de pedra soportado por columnas. Na cara leste deste mesmo edificio, adosado á súa  esquina leste, destaca sobremaneira un portalón monumental erixido en perpiaño que se levantou con posterioridade á vivenda.

Acceso

A casa atópase no núcleo municipal.
Arriba
Axúdanos a mellorar!