CASA REITORAL DE CANDÁS

Civil
394

Localización

Parroquia: Candás (San Martiño)

Lugar: Candás

32652  Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 05' 17.6" N - 7º 52' 33.2" W

Descrición

Trátase dun edificio de desenvolvemento perpendicular (en forma de escuadra) que aparece complementado cun patio e unha horta propia ou diestral. O bloque orixinal posúe unha antigüidade superior aos douscentos anos.
A fábrica da vivenda é humilde (opus vittatum) e articula os muros dun edificio de medianas dimensións, baixo e unha altura con cuberta a tres augas. A arquitectura presenta ocos de entrada e iluminación (xanelas, portas e "portasdaire"), polo xeral, de escaso tamaño, algo motivado pola humildade da estrutura e dos materiais de construción, que antano non soportaban deseños máis ambiciosos.
Destaca no conxunto a espléndida solaina ou corredor exterior con piso de madeira. Na cara leste deste mesmo edificio, e mirando cara a horta, discorre outro corredor, ligado ao anterior, de idénticas características.
Entre todos os seus elementos destaca o monumental portalón de acceso, coroado cunha cuberta a dúas augas. A vivenda íllase do rueiro por medio dun elevado muro de 3 m. de altura levantado en opus vittatum.
Arriba
Axúdanos a mellorar!